A Xunta aproba a declaración ambiental da nova estación de bus da Coruña
Conclúe que "non son previsibles efectos significativos sobre o medio ambiente"

Proyecto de Estación Intermodal. A Coruña / Xunta de Galicia

A Coruña
A Xunta de Galicia deu o visto e prace desde o punto de vista ambiental á estación de autobuses integrada dentro da Estación Intermodal da Coruña, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.
Despois de realizar unha avaliación ambiental simplificada da iniciativa, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático conclúe que "non son previsibles efectos significativos sobre o medio ambiente pola construción da terminal de autobuses e, por tanto, tampouco se considera necesario sometela a avaliación de impacto ambiental común".
É agora a Consellería de Infraestruturas quen debe continuar coa tramitación, como promotora do proxecto.
Por outra banda, a finais do pasado mes de outubro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o seu informe sobre a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña no ámbito do polígono 029 A Sardiñeira.