Derrota pola mínima do Pabellón CF ante o Val Miñor
O Pabellón CF non puido sumar nada positivo na derradeira xornada da primeira volta

Derrota pola a mínima do Pabellón CF no Condomínguez / Val Miñor

Ourense
O Pabellón CF non puido sumar nada positivo na derradeira xornada da primeira volta despois de caer pola mínima no campo da ED Val Miñor. Os de Nigrán conseguían o tanto da vitoria preto do ecuador da primeira mitade nunha acción na que Alberto, no seu intento de desviar un balón por encima do traveseiro, acabaría introducindo o balón na súa portería.O partido non foi vistoso e non houbo claridade nin ocasións de gol. Na primeira parte houbo moita disputa pero sen ocasións de perigo. Na segunda metade os de Cándido Gómez buscaron a igualdade pero as presas e a brusquedade do rival impediron que o conxunto ourensán puidese traerse algo positivo.Ao final 1-0.