Inaugurado o II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo coa vista posta no ano 2022
O II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo coa vista posta no ano 2022 no que se prevé celebrar o Primeiro Congreso Internacional
Ourense
Lete Lasa anuncia a creación dun Cluster do Deporte Galego e na vontade de maior investimento na investigación, desenvolvemento e innovación no deporte.
Nava Castro destaca a forte e constante do Goberno Galego polo turismo activo desde hai tempo ´´ traballando coordinadamente con sector na creación de novos productos turísticos asiciados, que permitan xerar valor engadido á experiencia turística do viaxeiro´´.
O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron no recinto feiral de Expourense na inauguración do II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo en formato híbrido.
O II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo está organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte, a Axencia Galega de Turismo, a Deputación Provincial de Ourense e Expourense.
Trátase dun evento dirixido aos profesionais do sector como poden ser as Administracións públicas con competencia en deporte ou en turismo; federacións deportivas; pemes e autonómos do sector do deporte e o turismo; axencias de viaxes; clubs e empresas do deporte e ao alumnado e profesorado de ensinos deportivos ou turísticos.
Analizar as claves para a reactivación do turismo activo e deporte e aproveitar as oportunidades xurdidas dos cambios nos intereses e necesidades do viaxeiro que provocou a pandemia serán os obxectivos do II Congreso Ibérico de Turismo Deportivo.
Este evento conta coa participación de 25 expertos de España e Portugal que tamén presentarán os distintos protocolos e recomendacións para celebrar eventos e competicións deportivas que integren todas as medidas preventivas para garantir a seguridade.