Monchi e Quique Setién protagonistas no Boxing Day Solidario da RFGF
Monchi e Quique Setién, protagonistas o 28 de decembro no Boxing Day Solidario da RFGF
Ourense
O fútbol galego volverá mostrar a súa cara máis solidaria durante estas datas tan especiais. A Campaña de Nadal Solidaria´´ Neste Partido Gañamos Todos´´ que deseñou a Real Federación Galega de Fútbol xa está en marcha cun único obxetivo: crear un tsunami solidario con todo o fútbol galego para recoller o maior número posible de quilos de alimentos que serán entregados a diferentes entididades e asociacións repartidas por toda Galicia para que estas lles fagan chegar eses productos de primeira necesidade aos que máis o necesitan.
Neste Nadal a RFGF vai con todo e contará con catro reforzos máis de primeiro nivel para alcanzar o gran obxectivo: un director deportivo, un adestrador e dous xogadores.
Así, e logo do éxito do ano pasado, o Comité Galego de Adestradores da RFGF decidiu repertir este Nadal unha iniciativa formativa que este ano adquiere tamén unha dimensión social. O Boxing Day consiste nunha xornada de formación para os adestradores que este ano vai levarse a cabo de maneira telemática (en directo a través da canle de Youtube da RFGF). Unha iniciativa que se divide en dúas xornadas:
Xornada de Fútbol con Monchi (director deportivo do Sevilla F C) e Quique Setién ( ex adestrador do CD Lugo, Real Betis e FC Barcelona) o 28 de decembro.
Xornada de Fútbol Sala co ex xogador Paulo Roberto e o actual xogador do FC Barcelona Ferrao o 29 de decembro.
Neste Boxing Day a dimensión solidaria consiste en converter os picos máis altos de espectadores en directo de cada xornada en quilos de alimentos perecedoiros, os cales serán entregados ao Banco de Alimentos e á Cociña Económica de Santiago de Compostela.
Unha camapaña con tres eixos e con Gadis como colaborador. A campaña que pon en marcha a RFGF consta este ano de tres grandes accións.
1- Recollida Solidaria de Alimentos.
2-Gol Solidario.
3-Boxing Day Solidario.