Sociedad | Actualidad

Muxía, Cee e Dumbría, pechadas

A Xunta eleva as restricións ao terceiro nivel e pecha perimetralmente os tres concellos

COVID-19 / Radio nordés

COVID-19

A alta incidencia da COVID-19 na bisbarra obrigou hoxe a tomar novas decisións para frear o seu avance. A Xunta de Galicia vén de decretar o peche perimetral dos concellos de Muxía, Dumbría e Cee debido ao aumento de casos de coronavirus. Os tres municipios pasan ao nivel 3 de restricións, unha medida que entrará en vigor na próxima medianoite.

Na práctica, os veciños destes tres concellos poderán circular con liberdade polos tres municipios, pero non sair a outro distinto. Dende esta medianoite pechará a hostalería, só puidendo manter a súa actividade para servizo a domicilio ou "para levar". Ademais as reunións só poderán ser entre conviventes, quedando prohibida calquer outro tipo de xuntanza. Tamén dende esta noite a práctica de deporte será individual excepto se se produce entre persoas que compartan vivenda. Os actos culturais e similare só poderán ter un aforo máximo de 30 persoas.

As preocupantes cifras dos últimos días motivaron a adopción destas medidas. Nos últimos 14 días o concello de Muxía acadou os 45 contaxios, mentres que Cee e Dumbría acumularon 24 e 21.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00