Sociedad | Actualidad
Coronavirus Covid-19

Ramón Ares:" Os resultados non avanzan como nos gustaría"

Escoita a entrevista do Xerente de Área Sanitaria de Lugo

Fotomontaje promocional de la entrevista de Ramón Ares en Hora 14 Lugo. / Cadena SER

Fotomontaje promocional de la entrevista de Ramón Ares en Hora 14 Lugo.

Lugo

Tres semanas se cumplen do peche perimetral de Lugo e xa máis de quince días dende que se pechou a hostalaría. Os datos, porén, non avanzan como "gustaría".

Ramón Ares fala sobre a evolución do COVID-19 en Lugo.

12:51

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1606227198_570986/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O xerente da Área Sanitaria de Lugo, Ramón Ares, pasábase polos micrófonos de Hora 14 para valorar as cifras que, no que respecta a Lugo, non son alentadoras.

Ares insiste en que "imos mellorando pouco a pouco, o obxectivo é estar por debaixo de 100 positivos por cada 100.000 habitantes". A día de hoxe, a incidencia acumulada, a 14 días, sitúase nos 296, trinta máis que a principios de mes.

Ares recoñece que "estas medidas non se poden prolongar eternamente no tempo porque non serían efectivas" e , ademais, o sector hostaleiro non o soportaría. Pide maior resposabilidade individual, ainda que considera que se debería aumentar a vixilancia por parte das autoridades para asegurar o cumprimento das normas.

Outro dos temas que preocupa é o caso das residencias. Malia existir uns protocolos "efectivos se se seguen", estamos a ver coma a propagación do virus é moi rápida unha vez que entra nos centros de residencia dos maiores. Veuse no caso de O Incio e , agora, en Vilalba. "Os contaxios nas residencias nos preocupan, pero non creo que haxa que cambiar o protocolo se non seguilo adecuadamente, porque non son os maiores quenes meten o Covid-19 nos asilos".

Sobre o Nadal, recoñece que será atípico e malia que todos e todas teñamos as mesmas ganas de festexalo, este ano tocará gozar dunha festas "diferentes" e respetando as medidas que as autoridades determinen.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00