A Costa da Morte ten 899 parados máis que hai un ano
O paro subiu en outubro en 338 persoas
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/4C7EQ5YGZNK6LLIG5EUREWG2QY.jpg?auth=3614a54de9acd56b29d7a67ce197ec2e1916a64066dd0c83485fd47320654224&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Oficina paro / Eduardo Parra (EUROPA PRESS)
![Oficina paro](https://cadenaser.com/resizer/v2/4C7EQ5YGZNK6LLIG5EUREWG2QY.jpg?auth=3614a54de9acd56b29d7a67ce197ec2e1916a64066dd0c83485fd47320654224)
Costa da Morte
Forte incremento do paro rexistrado no mes de outubro na Costa da Morte. O mes de outubro rematou con 7.725 persoas en situación de desemprego, o que supón un incremento de 338 persoas con respecto a setembro.
Por comarcas o peor dato é o de Fisterra onde o paro sube en 150 persoas este mes, en Bergantiños faino en 119 mentres que a comarca de Soneira marca un incremento de 53.
A Laracha é o concello con maior subida tendo 52 parados máis, seguido de Dumbría con 50, Fisterra con 41 e Camariñas con 35. Só en dous concellos baixa o paro, Coristanco onde hai 11 parados menos e Mazaricos onde baixa o desemprego en 4 persoas. En Zas e Corcubión non varia o número de parados con respecto ao mes de setembro.
O dato interanual reflexa un incremento aínda maior, neste momento hai 899 pardos máis que en outubro de 2019.