Sociedad | Actualidad

Vimianzo en alerta pola COVID

O Concello acada o medio centenar de positivos, seis deles ingresados no Hospital Comarcal. Catro establecementos hostaleiros pechan as portas. Debatirase a suspensión de actos culturais e o mercado dos xoves.

O Hospital, con seis ingresados por coronavirus debido ao gromo de Vimianzo / Fran Hermida

A evolución da pandemia en Vimianzo provocou que saltasen as alarmas nas últimas horas. O cribado levado a cabo polo persoal sanitario fixo aflorar unha gran cantidade de positivos, provocando que mañá se reúna de urxencia a comisión municipal de seguemento para buscar atallar un gromo que se expande perigosamente por todo o territorio soneirán.

Logo da aparición dos primeiros casos no Centro de Saúde, os diferentes cribados efectuados nas últimas horas detectaron unha gran cantidade de positivos, a meirande parte deles de individuos asíntomáticos. Fontes sanitarias sitúan o número de casos activos ao redor dos 50, unha incidencia crecente que levou a calificar a situación como "complicada e delicada" polas autoridades sanitarias. O recruamento da situación en Vimianzo afectou tamén ao Hospital Comarcal. Alí pasouse dos cero doentes ingresados por coronavirus aos seis os ingresados na noite do martes, todos eles procedentes do concello soneirán.

A Consellería de Sanidade desprazará mañán un novo equipo ao Centro de Saúde vimiancés para efectuar outro cribado. Desta volta tomaranse dunhas 200 mostras entre diversos profesionais de distintos ramos, todos eles de sectores relacionados coa atención ao público. Nun deles, o da hostalería, as consecuencias xa se deixan notar, co peche de catro locais, dous deles no caso urbano vimiancés e dous en Baíñas.

O Concello de Vimianzo solicita á poboación que restrinxa ao máximo os seus movementos, saíndo á rúa o imprescindible e respetando as normas de hixiene de mans e distanciamento social. Dende o concello toman xa medidas para evitar a propagación do virus polo seu territorio. Ao longo da xornada do mércores está previsto debatir a suspensión das actividades culturais previstas para a fin de semana, unha decisión que se podería extender ao mercado dos xoves.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00