Os catro ximnastas do Pavillón Ourense de rítmica masculina estarán en Valencia
Finalmente os catro ximnastas ourensáns clasificáronse para o nacional
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/2HJ43VR4ZVII3NUKQSXRA6IXEI.jpg?auth=212bb41d332571c182f821ffb6e14364176af136eda2fc31568250a108a8dd9a&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Os catro ximnastas do Pavillón Ourense de Rítmica Masculina estarán en Valencia o día 15 de novembro. Patric Celis, Damián Gómez, José Vázquez e Eduardo Montero. / Club Ximnasia Pavillón Ourense
![Os catro ximnastas do Pavillón Ourense de Rítmica Masculina estarán en Valencia o día 15 de novembro. Patric Celis, Damián Gómez, José Vázquez e Eduardo Montero.](https://cadenaser.com/resizer/v2/2HJ43VR4ZVII3NUKQSXRA6IXEI.jpg?auth=212bb41d332571c182f821ffb6e14364176af136eda2fc31568250a108a8dd9a)
Ourense
O sábado día 24 de outubro tivo lugar en Vigo, no Pavillón das Travesas. o autonómico de ximansia rítmica individual masculina. Finalmente os catro ximnastas ourensáns clasificáronse para o nacional .
Patrick Celis será o representante pavillonista na categoría benxamín cos seus exercicios de pelota e mans libres.
En categoría alevín, Damián Gómez Diosdado obtivo a prata e José Vázquez Gómez o bronce. Eduardo Montero foi cuarto clasificado, o que lle deu o pase ó nacional.
Este campaionato abria o retorno á competición, comezando con unha emotiva homenaxe ó primeiro ximnasta masculino galego, Rodrigo Vázquez Pardal, sendo ademáis adestrador durante moitos anos do Club Arousa e xuiz de rítmica. Finou en 2019 deixando un vacío na rítmica galega.
A seguinte cita espérase para o día 7 de novembro na mesma ubicación, onde serán dous equipos, infantil e senior, con un total de seis ximnastas que buscarán a praza para o nacional individual de clubs.