Xeal ignora á Xunta de galicia
A Xunta solicita a XEAL un plan de viabilidade e a empresa resposta cun contencioso

XEAL / XEAL

As liortas en Xeal continúan a medrar co paso das semanas. Esta mañán, o comité de empresa mantivo unha reunión na Consellería de Industria na que non se avanzou na busca dunha solución ao conflito laboral.
Segundo a CIG, o goberno autonómico vén de requerir á empresa información sobre o cumprimento das cláusulas da concesión, unha información que Xeal inda non facilitou a día de hoxe. Non é o único roce entre empresa e Xunta, xa que a petición da administración autonómica do plan de viabilidade só tivo como resposta a presentación dun plano de investimentos. Industria requeriu de novo o documento de viabilidade, atopando por resposta da empresa a presentación dun contencioso administrativo. Finalmente, Xeal fixo entrega dun proxecto industrial pero sen retirar o contencioso.
Mentres, os traballadores continúan coas mobilizacións, convocando unha nova concentración mañá venres ás 19h diante do Concello de Cee.