Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Costa da Morte

BNG esixe a cobertura inmediata da praza médica vacante do ISM de Corcubión

Néstor Rego / BNG

Néstor Rego

O pasado mes o BNG exixiu no Congreso que se cubrise a praza do persoal médico do Centro local do ISM de Corcubión, que se atopa neste momento vacante debido a unha baixa por enfermidade. O deputado nacionalista Nestor Rego lembrou que o recoñecemento médico previo ao embarque é obrigatorio polo que, ao non prestar este servizo no ISM situado en Corcubión fai que os mariñeiros de toda a súa zona de influencia deban desprazarse á cidade da Coruña, “o que supón un gasto económico e a perda dun día de faena que non se lles compensa, pois a atención debe realizarse en horas de traballo”.

 O BNG reclama a cobertura inmediata da praza médica reabrindo e pondo en funcionamento así a totalidade dos servizos que deben prestarse no centro local de Corcubión e o acceso aos mesmos de todas as persoas afectadas.

Para a formación nacionalista o recorte de servizos oculta a verdadeira intención do ISM de pechar definitivamente o centro local de Corcubión e que isto sexa o precedente para pechar tamén outros centros locais, como o de Muros centralizando na Coruña o recoñecemento médico ao que se deben someter todos os mariñeiros da Costa da Morte que queiran embarcar.

Rego destacou que “é necesario mellorar a cobertura de servizos básicos distribuídos por todo o territorio galego, polo que resulta incomprensíbel que se aposte por recortar os xa existentes. Se está é a intención do Goberno atoparanse coa firme oposición do BNG, pois estes serven para manter vivas as pequenas poboacións costeiras”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00