Deportes
CICLISMO

A vila de Baños de Molgas reunirá a preto de 300 ciclistas no Campionato de Galicia

A contra reloxo, incluída na Copa Deputación de Ourense, terá como punto de partida Os Milagres do Medo, cun percorrido de 13 quilómetros

Carlos Moure, fundación ADO Moure, Guillermo Sande, director técnico da federación galega de ciclismo,Plácido Álvarez, vicpresidente terceiro da Deputación de Ourense, Xaime Iglesias, alcalde de Baños de Molgas e Manuel Pérez, delegado de deportes da Xunta de Galicia en Ourense. / Deputación Provincial de Ourense

Ourense

A vila termal de Baños de Molgas acollerá o próximo luns, día 12, unha proba do Campionato de Galicia de Ciclismo 2020, na modalidade de contra reloxo individual, na que participarán preto de 300 deportistas  baixo as máis estritas medidas de seguridade pola COVID-19. Os detalles desta proba, que tamén forma parte da Copa Deputación de Ourense, foron presentados na sala de prensa do Pazo Provincial, nunha convocatoria na que estiveron presentes o vicepresidente terceiro da Deputación de Ourense, Plácido Álvarez; o director técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande, o delegado de deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; e o alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias.

Ademais do director técnico da Federación, o delegado de deportes da Xunta de Galicia e mailo alcalde de Baños de Molgas tiveron especiais palabras de agradecemento para Carlos Moure, organizador da proba a través do Club Ciclista ADO Moure, a quen definiron como ´´ un loitador desta disciplina por riba de todo´´.

A contra reloxo individual do próximo luns terá como punto de partida Os Milagres do Medo ´´ cun percorrido de 13 quilómetros por unha paraxe espectacular´´, destacou pola súa banda o director técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande Explicou que o circuíto ten dúas partes ben diferentes. Unha primeira de 5 quilómetros, ´´ moi técnica e onde o máis importante non é a velocidade, senón as habilidades do ciclismo´´, e un segundo trazado no que si primarán a forza e os tempos´´.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00