Sociedad
FÚTBOL

A Preferente Galicia, só pendiente da aprobación do protocolo por parte da Xunta de Galicia

A RFGF reuniuse este mércores na sede da federación de Santiago cos clubs da Preferente Galicia

A maioria dos clubs da Preferente Galicia apostan por comenzar o 29 de novembro a competición, sempre que a Xunta aprobe o protocolo e flexibilice medidas / RFGF

Ourense

A Comisión Deportiva da RFGF presentou novo formato de competición, adaptado ao novo escenario motivado pola COVID-19. Este novo formato, que foi aprobado pola maioria, contaría con tres subgrupos tanto na Zona Norte como na Zona Sur.

A Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) presentou este mércores unha nova reunión presencial que tivo lugar na sede federativa de Santiago de Compostela unha proposta aos 46 clubs da Preferente Galicia para comezar o campionato ligueiro o próximo 29 de novembro, un inicio de curso sempre supeditado á aprobación por parte da Xunta de Galicia do protocolo que presentará a RFGF, á evolución da pandemia e sempre seguindo as indicacións das autoridades sanitarias. Neste sentido, a RFGF confía en poder ter aprobación o protocolo a mediados desde mes para que así os equipos poidan ter esa marxe de seis semanas de pretempada ante de iniciar a competición.

Aprobación do protocolo e flexibilidade nas medidas de prevención.

Máis do 60% dos clubs da Preferente Galicia manifestaron este mércores durante a xuntanza presencial na sede federativa de Santiago de Compostela o seu desexo de comezar a tempada. O inicio está supeditado á aprobación por parte da Xunta de Galicia do protocolo que presentará nos próximos días a RFGF e á evolución da pandemia. A esta porcentaxe podemos sumar o 13% de clubs que teñen dúbidas e que optaron por non datr a súa opinión polo de agora, pero que tampouco se posicionaron en contra de comenzar a competición.

Novo formato de competición.

Este novo formato, que foi aprobado pola maioria, contará con tres subgrupos tanto na Zona Norte como na Zona Sur. Os grupos A e B tanto do Norte como do Sur estarían formado por 8 equipos, mentres que o Grupo C tería 7 equipos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00