Ana Pontón: "Se Sánchez quere o voto do BNG aos Presupuestos terá que cumplir co acordo de investidura"
A líder do BNG pediulle ao presidente da Xunta medidas urxentes na Sanidade e Educación
Vigo
A líder da oposición pasou por Hoy por Hoy Vigo para falar do arranque de curso político e máis de lexislatura no Parlamento de Galicia. Ana Pontón asegura seguir agardando que o presidente da Xunta poña enriba da mesa solucións para a Educación, Sanidade, política asistencial ou mesmo en turismo as portas do Xacobeo. Ela ven de presentar esta semana unha proposta para reforzar a Atención Primaria de 200 millóns de euros, outro para darlle un pulo o comercio, a hosteleria e o turismo e, por último, unha tarxeta transfronteiriza para, entre outros, os habitantes do Baixo Miño que tanto sufriron co peche das fronteiras entre España e Portugal. Ana Pontón falou en Radio Vigo destes asuntos e tamén das negociacións en Madrid dos Presupuestos Generales del Estado o do pulso Comunidad de Madrid-Gobierno Central, PP-PSOE co tema das restriccións sanitarias.
Entrevista a Ana Pontón en Hoy por Hoy Vigo
16:11
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles