A volta ciclista a España terá un espectacular fin de etapa en Ourense con meta no Seminario Maior
As restricións sanitarias obrigan a modificar a chegada, inicialmente prevista para o barrio de San Francisco

A volta ciclista a España terá un espectacular fin de etapa en Ourense con meta no Seminario Maior / Vuelta ciclista a España

Ourense
O próximo día 4 de novembro a 75ª edición de ´´ laVuelta´´ ciclista a España chegará a Ourense nunha etapa con meta no Seminario Maior. Esta alternativa a meta estaba inicialmente prevista no alto da rúa Pena Trevinca, á que os ciclistas accederían logo de percorrer as rúas máis céntricas da cidade foi proposta polo propio alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, para cumprir coas restricións ás que obriga a pandemia da COVID-19 e evitar aglomerracións no núcleo urbano.
Integrantes da organización de laVuelta desprazáronse onte para recoñocer esta alternativa in situ, que consideraron ´´ espectacular´´ no plano deportivo e de retransmisión televisiva. O Seminario maior é un emprazamento ideal para observar a cidade a vista de helicóptero.
A organización de laVuelta considera que esta nova variante permite cumprir coas restricións sanitarias evitar aglomeracións e público nos últimos metros é instalacións do Seminario pode coller toda acaravana ciclista.