Deportes
ATLETISMO

O Concello cancela a carreira do San Martiño

´´Intentámolo até o último segundo´´, afirma o alcalde, pero ´´ dada a situación non podemos provocar situacións de risco a poboación´´

O Concello cancela a carreira do San Martiño 2020 / Radio Ourense SER

O Concello cancela a carreira do San Martiño 2020

Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acordou cancelar todos os eventos que o Concello estaba a organizar para os meses de outubro e de novembro.

Aínda que sexan tecnicamente viables, o rexedor dálle prioridade ás recomendacións sanitarias para evitar a expasión da COVID-19.

Esta decisión tomouse logo de reunirse con representantes da Consellería de Sanidade- Félix Rubial, xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín, e O Barco de Valdeorras, e Laura López del Castillo, xefa territorial da Consellería de Sanidade- na que, ademais das medidas de coordinación entre administracións, estivo sobre a mesa a celebración das tradicionais Festas dos Magostos, e a carreira pedestre popular do San Martiño.

´´A carreira está supeditada a manter as condicións sanitarias na cidade´´, afirma Pérez Jácome, malia que era un evento tecnicamente viable, como así se deriva das reunións mantidas no día de onte coa Federación Galega de Atletismo e técnicos do Consello Municipal de Deportes.´´ Intentámolo até o último segundo´´, afirma, pero ´´dada a situación non podemos provocar situacións de risco para a poboación´´.

A axenda deportiva dos meses que veñen inclúe tamén a chegada de la Vuelta Ciclista a España, evento que ´´ non corre perigo de momento, porque ten un protocolo especial´´, asegura o alcalde. ´´ Non se prevén cambios, pero se a cousa enpeorase moito habería que conseideralo´´, di.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00