A 2ª regata da Copa Deputación de piragüismo reúne a 178 deportistas en Barra de Miño
Terá lugar o vindeiro sábado, trala primeira proba celebrada en Castrelo de Miño

A 2ª regata da Copa Deputación de piragüismo reúne a 178 deportistas en Barra de Miño / Deputación Provincial de Ourense

Ourense
Barra de Miño(Coles) acolle o vindeiro sábado a segunda proba do campionato provincial Xogade, enmarcado na Copa Deputación de Ourense de Piragüismo. A regata foi presentada hoxe no Pazo Provincial, coa particpación do vicepresente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Coles, Manuel Rodríguez, o xefe de servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o delegado provincial da federación Galega de Piragüismo, José Manuel Feernández, e o presidente da Escola Municipal Ourensana de Piragüismo, José Luis Fernández.
A proba terá lugar o sábado, a partires das 16:30 horas, loogo de terse celebrado hai unhas semanas a primeira proba en Castrelo de Miño e precedendo á que se disputará en Muíños o 24 de outubro, puntuables todas elas para a liga provincia de piragüismo. Un total de 178 regatistas a partires de 12 anos de idade daranse cita neste evento deportivo, no que se disputarán diferentes probas individuais con distancias de entre un e catro quilómetros de percorrido.