Fútbol | Deportes
Afición deportiva

Ilustracións albivermellas made in confinamento

Pablo del Valle fai ó CD Lugo protagonista de debuxos que recrean obras de arte, películas ou debuxos animados

Ilustración de Pablo del Valle na que representa a Juanfran Garcia coma Eduardo manos tesoiras / Pablo del Valle

Ilustración de Pablo del Valle na que representa a Juanfran Garcia coma Eduardo manos tesoiras

Lugo

Canta falta nos facía o fútbol! Facía falta refrescala gorxa coa caña de sempre no bar de sempre. Facía falta escoitar a radio sendo os ollos de quen vai no coche ou de quen elixe a opción  mute  do mando a distancia. Facía falta sentir a tensión, compartir os nervios, xogar a sentirnos adestradores detrás da pantalla. Tardaba debatir con quen nunca vai dar a razón, reclamar un penalti todos a unha e festexar un gol en nova realidade, sen abrazos. Facía falta, por fin, unirse.

A afección albivermella está a percorrer o camiño cara á unión que tantos reclamaban tempada tras tempada e que, por unha ou por outra, non chegaba. Tras o cruce de opinións en redes sociais entre afeccionados do RC Deportivo da Coruña e do CD Lugo, por mor do descenso á Segunda B dos herculinos, a unión da afección amurallada creceu exponencialmente. Que che toquen o teu escudo ven a provocar a mesma reacción que cando se meten co teu irmán pequeno: Quen lle reñe son eu, non os de fóra.

E cando un sentimento de pertenza nace, todo se mutiplica. E se non que llo digan a Pablo del Valle. A actuación de José Luis Puma Rodríguez ante o CD Leganés non hai palabras que a definan. Mellor un debuxo. Así, tomando coma inspiración un capítulo dos Simpson, o artista deu renda solta á imaxinación.

Fragmento dos Simpson onde se pinta o mural "Puma Pride

Fragmento dos Simpson onde se pinta o mural "Puma Pride

Fragmento dos Simpson onde se pinta o mural "Puma Pride

Fragmento dos Simpson onde se pinta o mural "Puma Pride

Ilusración de Pablo del Valle

Ilusración de Pablo del Valle / Pablo del Valle

Ilusración de Pablo del Valle

Ilusración de Pablo del Valle / Pablo del Valle

Estar illado ten estas cousas "que lle das voltas á cabeza e pasas o tempo" . Bebendo de debuxos animados, obras de arte ou películas, este lucense fai protagonistas a xogadores e adestradores do equipo amurallado das súas orixinais ilustracións. El Hacen, Juanfran García, Puma... Quen será o próximo?

Pablo del Valle, ilustracións albivermellas made in illamento

04:22

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00