Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

XEAL activará o ERTE aprobado por Ferroglobe en 2019

Entrevista a María Xeal (16/09/2020)

Entrevista a María Xeal (16/09/2020)

00:00:0007:06
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Costa da Morte

XEAL "Xallas electricidad y aleaciones" comunicou esta mañá ao comité de empresa que vai proceder a activar o ERTE que Ferroglobe aprobou en febreiro de 2019 en Madrid xusto antes da venda das factorías é as centrais de Cee, Dumbría e Vimianzo e coa oposición dos traballadores da Costa da Morte.

Segundo a empresa a decisión ven motivada polo descenso continuado na demanda dende principios de ano e agravada pola crise económica derivada da CIVID-19, que provocou unha redución da produción das compañías produtoras de aceiro e o estancamento da actividade dos seus clientes finais.

No acordo de compra Xeal firmou que só pode mercar materia prima e vender produto elaborado a Ferroglobe, neste momento só están en funcionamento 2 fornos.

tratase dunha medida temporal cunha duración máxima de cinco meses que segundo a empresa ten como obxectivo axustar a actividade á demanda prevista para este período.

O ERTE aplicarase de maneira rotativa afectando cada mes ao 30% do persoal aproximadamente. A empresa abrirá o día 18 un período para que os traballadores que o desexen podan adherirse voluntariamente. O acordo do 2019 inclue un complemento de salario dos traballadores afectados de ata o 85% mantendo o 100% das pagas extras e das vacacións.

Segundo indicou a Radio nordés a Directora Corporativa de Xeal María Couto a empresa continuará co plan de investimentos que teñen en marcha. Couto avanzou tamén que se espera unha melloría na demanda para comezo do 2021.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir