Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Costa da Morte

Falece unha muller de vimianzo por coronavirus

Hospital Cee / SERGAS

Hospital Cee

Novo falecemento por COVID-19 na Costa da Morte, trátase dunha veciña de Vimianzo de 91 anos que estaba ingresada no Hospital de Cee.

A COVID-19 segue afectando de maneira desigual aos concellos da Costa da Morte, ata o de agora a comarca máis afectada está sendo a de Bergantiños con 4 concellos na lista da Xunta con maiores restricións.

Nas últimas horas coñecéronse os dous primeiros casos que afectan a centros educativos, en Carballo no CEIP Nétema-Razo suspendéronse as clases en 3º de primaria pola aparición dun positivo entre o alumnado. O outro centro afectado é o colexio concertado Manuel Rial de Cee onde hai unha profesora afectada pola Covid o que obrigou á realización dunha importante limpeza da aula, as clases continúan noutro espazo do centro.

Segundo a información á que tiveron acceso os alcaldes na reunión co conselleiro de sanidade, na Comarca de Bergantiños este luns había 164 positivos activos, 27 menos que cando se tomou a decisión de extremar as restricións en Carballo e A Laracha o pasado 3 de setembro, estendéndose posteriormente a Ponteceso e Laxe.

Destaca tamén o caso da banda de música de Cee onde un positivo provocou que boa parte dos integrantes tivesen que poñerse en corentena preventiva aínda que tódalas PCR realizadas foron negativas. Nos últimos 14 días no concello de Cee houbo 8 casos positivos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00