Comeza o 28 Festival Internacional Outono de Teatro
Artistas como Carlos Blanco, Pedro Brandariz, Carmen Conde, Faia Díaz ou Xurxo Souto actúan en distintos espazos de Carballo,

Cartel da 28 edición do FIOT / FIOT

A Coruña
Esta fin de semana comeza unha nova edición do Festival Internacional Outono de Teatro, a número 28 do FIOT, unha cita que ateigará as rúas e escenarios da localidade con 38 espectáculos e numerosas actividades para todos os públicos ao longo de cinco semanas.
Artistas como Carlos Blanco, Pedro Brandariz, Carmen Conde, Faia Díaz ou Xurxo Souto actúan en distintos espazos de Carballo.
O pasado venres, 20 de setembro, saíron á venda as entradas e abonos para o público xeral do Programa de Sala, OTNI e Rúa dos Contos. Na primeira xornada esgotáronse tanto os abonos como os billetes para asistir ás funcións de Fariña, Jauría e La Golondrina, incluídas na programación do Pazo da Cultura, así como de Carlos Blanco, quen actúa este domingo no mercado municipal de Carballo. As entradas para o Hamlet da singular Companhia do Chapitô están tamén esgotadas desde onte. Toda a información sobre a compra de entradas está dispoñible na nova páxina web do FIOT, á que se pode acceder a través da dirección www.fiot.gal