A Carballeira de Zas, máis solidaria que nunca
Un euro de cada entrada vendida online doarase á Asociación Íntegro

Asociación Íntegro na Carballeira de Zas / Carballeira de Zas

Os días 2 e 3 de agosto, Zas e a súa Carballeira encherase de tradición galega con grupos como Perfusión, Susana Seivane coa súa gaita, as Tanxugueiras, Dakidarria ou Monoulious Dop.
Entre as novidades que o Festival da Carballeira de Zas ofrécenos nesta 36ª edición hai espazo para a solidariedade. Este ano a dirección da Carballeira chegou a un acordo coa Asociación Íntegro. De cada entrada comprada online doarase 1€ á devandita entidade.
A Asociación promove a inclusión das persoas con diversidade funcional na Costa da Morte.
Con este xesto desde a Carballeira apóiase o importante labor que desenvolve a Asociación e espérase poder, non só axudala economicamente senón servir como recoñecemento do seu compromiso