Aberta a inscrición para "Lingua a escena"
Con espectáculos especializados en promover o uso da lingua

Butacas de un teatro / Pixabay

Máis de vinte espectáculos forman parte do catálogo "Lingua a escena" que inclúe propostas de teatro, narración oral, música ou monicreques que compoñen o abano ao que poderán optar os concellos dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Con espectáculos especializados en promover o uso da lingua presentáronse compañías e artistas como Boabab Teatro, Raquel Queizás, Os Quinquilláns, A Xanela do Maxín, Zenzar, Xarope Tulú, Martín Camiña, Fani Triana, Talía Teatro, Lydia Botana, Volta e Dálle ou Avelino González.
Os concellos poderán solicitar do 27 de febreiro ao 13 de marzo ás 14.00 horas os espectáculos da Rede Cultural nos que, por segunda edición consecutiva se inclúe o programa "A Lingua a escena", para animar o uso do galego na poboación, de maneira especial na máis nova, desde propostas culturais.