A Pequefeira amosa o talento emprendedor dos máis cativos de Carballo
Os ingresos obtidos irán destinados ao arranxo dos hortos dos coles oua unha causa social
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/XD2452ZADVMMJHIODHLUIFJ4LM.jpg?auth=d1c9d3e937c2649174c847e34b5d40a1fcfdc332ae508b4b89dd8dac55e8b1e3&quality=70&width=650&height=190&smart=true)
PequeFeira / Concello de Carballo
![PequeFeira](https://cadenaser.com/resizer/v2/XD2452ZADVMMJHIODHLUIFJ4LM.jpg?auth=d1c9d3e937c2649174c847e34b5d40a1fcfdc332ae508b4b89dd8dac55e8b1e3)
A Coruña
Mamás, papás, avoas e avós non quixeron perder a oportunidade esta mañana de ver aos nenos e nenas convertidos en comerciantes, que un ano máis se xuntaron nesta Feira tan especial, o obxectivo, recuperar o contacto coa terra e poñer fin ás actividades do Horto Infantil Ecolóxico de Carballo nos centros escolares, amosa a faceta máis emprendedora dos nenos e nenas.
Aínda que o CEIP A Cristina non participa nesta actividade, un grupo de nenos e nenas achegáronse tamén ata a Praza do Concello para facer unha visita aos seus compañeiros.
Agora tócalles aos nenos e nenas decidir que fan cos ingresos obtidos: ou ben dedicalos a mellorar as instalacións dos hortos nos seus coles ou ben destinalos a unha causa social.