Sen bonito en Burela ata a vindeira costeira
O patrón maior da cofradía, Basilio Otero, agarda que a tempada queven poida ampliarse a cota
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/KUDADOHGJVIXDBWSQFR5SDSGHA.jpg?auth=11610ac7de6bbf4186aeaccf7ae097a7dabe4dd2876c4f40dd05987caa03d68f&quality=70&width=650&height=365&smart=true)
Subasta na lonxa de Burela / Eliseo Trigo ( EFE)
![Subasta na lonxa de Burela](https://cadenaser.com/resizer/v2/KUDADOHGJVIXDBWSQFR5SDSGHA.jpg?auth=11610ac7de6bbf4186aeaccf7ae097a7dabe4dd2876c4f40dd05987caa03d68f)
Burela
Acabouse o bonito en Burela ata a tempada que ven. As previsión cumplíronse e confírmase que a do 2020 é a costeira máis curta de historia. O patrón maior da confradía de Burela, Basilio Otero, festexa que se pechase "máis tarde do que pensábamos porque dende comezos de xullo contratábamos datos superiores con respeto o ano pasado". Este forte ritmo de captura esta intimamente ligado ó aumento de barcos na tempada de captura.
Remata a costeira do bonito en Burela
07:51
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
O certo é que a tendencia é que rematar antes as capturas. No 2016 rematouse en outubro, coma sucedeu no 2017. Pero foi no 2018 cando a costeira pechaba a finais de agosto e agora, na nova realidade, o fin chega o día 18 do mesmo mes. A explicación? o cupo. Hai dos anos estableceuse a norma de fixar unha cota revisable cada tres anos. Acordar unha cifra de toneladas que fosen bioloxicamente restrictivas. "Cos datos dos estudos na man, entendemos que o ano que ven poderemos aumentala. No seu día fixouse una cota que biolóxicamente fose restrictiva e quixemos ser precavidos", explica.
A pandemia fíxolles tremer as pernas, mais Otero recoñece que se "puido salvar sen problemas a campaña, porque non houbo baixada de prezos, de feito estamos 15 céntimos por riba do ano pasado", exemplifica Otero.
A campaña primiero da cabala, despois da anchoa e agora do bonito arranxou o ano para o sector pesqueiro e non houbo que afrontar "grandes perdas". Si ben é certo nunca chove a gusto de todos e este foi un ano terrible para o polvo."Pero non é cousa da pandemia, é que non hai polvo. O que fixo que se incrementasen os prezos e que hoxe coste máis o polvo que o marisco"
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo