Sociedad | Actualidad
Coronavirus

Pilar Pavón, xerontóloga experta en biocidas: "Miguel Bosé que se dedique a cantar"

A experta incide no correcto uso da máscara e recorda que é "un complemento a outras medidas coma a distancia de seguridade ou evitar aglomeracións"

Pilar Pavón, xerontóloga experta en biocidas / CADENA SER

Pilar Pavón, xerontóloga experta en biocidas

Lugo

O domingo 16 de agosto pasará á posteridade coma o día no que Miguel Bosé argallou unha manifestación, á que non acudiu, para revelarse contra o uso da máscara. Unha manifestación na que se negou a existencia da Covid-19, se ironizou coa pandemia e onde se repartiron bicos e abrazos entre os milleiros de manifestantes.

Pilar Pavón, Xerontóloga experta en Biocidas, fala sobre as concentracións en Colón e advirte dos riscos de non usar máscaras

09:33

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

"Bote, bote, bote, aquí hay rebrote", dicían. É e que inciden en que o virus "non existe, o virus é o medo" e enganden que as máscaras, entre outras medidas de seguridade adoptadas polo Goberno, "pretenden privarnos da liberdade", explica unha das achegadas ata á concentración.

A xerontóloga lucense e experta de biocidas, Pilar Pavón explica a necesidade de cumprir coas nosas obrigas coma cidadáns para preservar a saúde pública. "Coas persoas que teñen a capacidade de raciocinio alterada paréceme unha perda de enerxía valorar as súas ideas". Lamenta que este tipo de conductas estén abaladas por persoas con recoñecemento público, coma o cantante Miguel Bosé."Bosé que se dedique a cantar, que o fai moi ben, pero que deixe operar os cirurxiáns".

A imaxinación humana non ten límites e a cantidade de teorías sobre o Covid-19 e os malvados plans de quen o manexa son múltiples á par de diversos e orixinais. Vacinas con microchips, a ambición de China por controlar o mundo, a tecnoloxía, o 5G...  Falsas creenzas existiron toda a vida, e segurián existindo, o problema ven cando se pon en xogo a saúde ou a integridade física das persoas."Que se crea que a terra é plana non ten maior problema que non achegarse ó borde para non caer, por exemplo, pero cando se meten en negacionismo é moi perigoso", explica Pavón.

A máscara, créalo ou non, hai que poñela. É unha obriga, agás que por patoloxías, xustificadas por un médico, non a precises. Malia que pareza unha simpleza, hai quen non o entende."Estánse a dar casos de compañeiros que denuncian presións por parte de pacientes para emitir certificados de exección", advirte a experta.

En tempos de nova normalidade xa non comparamos roupa, teléfonos ou coches. Agora o que se leva é loitar por levar a mellor máscara do barrio. Pavón insite en que non é tanto que máscara levar se non levala ben."A máscara hai que entendela coma un paraugas. Se o levo para non mollarme, pero en vez de aberto encima da cabeza o levo colgado do brazo non me vale". 

Faceivos bos. Escoitade as cancións de Miguel Bosé, pero non sigades as súas recomendacións, levade mascarilla e colocádea na boca, tapando o naris e que chegue ata o queixo. Xa saben, quen avisa non é traidor.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00