Sociedad | Actualidad
Beirut

Explosión en Beirut: "pensei que morría"

A lalinense Adriana Viz relatou a Radio Pontevedra o drama que acaba de vivir en Beirut, xa que se atopaba nunha vivenda a tan só 400 metros da brutal explosión que arrasou gran parte da capital do Líbano

Entrevista a Adriana Viz, unha veciña de Lalín supervivente da explosión de Beirut

Entrevista a Adriana Viz, unha veciña de Lalín supervivente da explosión de Beirut

10:32

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Pontevedra

"Por sorte estou viva". Adriana Viz Fernández é unha veciña de Lalín que acaba de srobrevivir á devastadora explosión do pasado martes no Porto de Beirut. Despois dunhas semanas na capital do Líbano, lugar de residencia da súa parella, Adriana relata en Radio Pontevedra a conmoción na que se atopan tras saír ilesos de semellante accidente, pero no que a casa da familia da súa parella quedou totalmente destrozada.

Minutos antes da explosión, Adriana estaba na terraza dunha vivenda alugada a tan só 400 metros do lugar do suceso. De feito, estivo observando o incendio que se produxo no Porto nun primeiro momento. Relata que a súa sorte foi ir ao baño, nunha parte máis recollida da casa, "primeiro escoitei uns avións e pareceume algo raro, tamén se cortou a conexión a internet e de repente escoitei un forte ruido e pensei que iba a morrer, todo empezou a caer, ventanas, cristais... terrible". "A miña terraza quedou destrozada, e a silla que acababa de utilizar apareceu no medio da rúa"

A lalinense laméntase da gran pérdida para os veciños de Beirut, onde gran parte deles quedaron sen as súas casas. Ademáis, tamén nos contou que xa comezaron os saqueos en varios puntos da capital do Líbano.

"A noite pasada non durmin e non sei que pasará nos vindeiros días, ao final estou viva que é unha sorte, pero hai tanto caos que non sei cando voltarei a España", comenta a sobrevivente da explosión con resignación.

Nunha reflexión máis profunda, Adriana relata que o que estaba sufrindo o Líbano antes da devastadora explosión xa era horrible: o país estaba inmerso nunha gran crise económica, acentuada pola pandemia da Covid-19 e cunha devaluación da súa moeda en case un 80 %. Falta de liquidez, corrupción, sen electricidade en moitas casas... "aquí son moi resilientes pero esta explosión era o que lles faltaba". "O Porto quedou destrozado, que era por onde entraban os alimentos, os medicamentos e os equipos médicos, agora virá a resaca de todos os problemas xuntos e van a necesitar moita axuda para a reconstrucción".

María (7) conta cómo viveu a explosión do 4 de agosto en Beirut. Estaba na casa dos avos coas suas duas primas pequenas e os seu avó rompeu a cadeira tras caer sacándoas do balcón que segundos despois estaba destrozado. Bota de menos a casa dos avós, que está totalmente destrozada por dentro. É só unha das miles e miles de historias. 💔❤️ Publicado por Adriana VF en Jueves, 6 de agosto de 2020

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00