Fútbol | Deportes
BALONCESTO

85.000 euros para o Baloncesto Galego

A Federación Galega de Baloncesto destinará esta cantidade para comenzar a impulsar a nova tempada de Baloncesto en Galicia

85.000 euros para o Baloncesto Galego / FGB

85.000 euros para o Baloncesto Galego

Ourense

A Federación Galega de Baloncesto destinará esta cantidade para comezar a impulsar a nova tempada de Baloncesto en Galicia marcada pola situación de emerxencia sanitaria e parón total coa chega do COVID-19.

O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín; anunciou  no marco da Asemblea Xeral Ordinaria da propia FGB, que a entidade Federativa en Galicia que suporá unha achega de 85.000 euros para a nova tempada.

Esta cantidade depende directamente do presuposto da propia Federación, a falla, polo momento de posibles axudas doutra índole; articularse en torno a tres accións que redundarán directamente nos necesarios trámites económicos dos clubs, imprescindibles para o inicio administrativo das competicións 2020-2021.

No relativo, en concreto, ás cotas de inscrición, a FGB establecerá como gratuítas para todos aqueles equipos de 2º división júnior, cadete, infantil, minibasket e preminibasket; e, para as restantes categorías, realizarase un desconto dun 50%.

En primeiro lugar, e tal e como explicou o máximo mandatario FGB; nesta nova tempada conxelaranse os importes de cota de inscrición, licencias, mutualidades e tarifas arbitrais, indistintamente da categoría.

Pola súa parte, no referente á cota autonómica, a FGB anuncia que esta reducirase nun 50% para a totalidade de categorías.

Estas tres primeiras medidas, tal e como detallou o presidente FGB ´´ son o resultado do traballo da Xunta Directiva FGB e o seu gabinete económico na busca de axudar a garantir un escenario máis axeitado a Nova Normalidade económica que afrontan os clubs e federacións deportivas en Galicia, unha realidade marcada pola inquedanza a corto e longo plazo.

A entidade Federativa, remarcou; ´´ continuarán igualmente traballando para non deixar atrás a ningún club, ou membro do Baloncesto Galego.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00