Iván Ferreiro dará no Parador de Muxía o seu único concerto en Galicia este verán
Iván Ferreiro dará no Parador de Muxía o seu único concerto en Galicia este verán.
Iván Ferreiro incorpórase ao cartel de “Caprichos musicales en Paradores” e tocará o vindeiro 29 de agosto no recentemente inaugurado parador de Muxía.
Cantante e compositor de música indie e pop-rock liderou ao longo de 13 anos o grupo Los Piratas co que publicou 12 albumes acadando gran éxito de ventas e crítica. Logo da separación do grupo a finais do 2003 pasou por unha época lonxe dos escenarios antes de empezar a súa carreira en solitario.
O último sábado de agosto Iván Ferreiro ofrecerá un concerto moi especial no Parador da Costa da Morte xunto á praia de Lourido en Muxía, precisamente mirando a ese mar que recorda o desastre do Prestige.
“Caprichos Musicales” é unha serie de experiencias musicaise turísticas de referencia no país e nesta edición conta con artistas como Diego el Cigala e Ara Malikian entre outros. As actuacións realizaranse con aforo reducido.
Trátase dunha experiencia que vincula cultura, gastronomía, arte e patrimonio nun paquete único que inclúe c´ctel de benvida, concerto coincidindo co solpor, cea con menú deseñado para a ocasión e unha noite de aloxamento con almorzo. Paquete que xa está á venda en www.elcorteingés.es/entradas/caprichos-musicales