Accidente mortal en Cee
Un septuaxenario falece atrapado baixo o seu tractor

Brens, Cee / Brens, Cee (Google maps)

Cee
O Concello de Cee tinguiuse de loito logo de que un accidente de tractor acabase coa vida dun veciño de Brens. A vítima, un varón de 72 anos, pereceu atrapado baixo o seu vehículo agrícola neste mediodía.
Ao home, que saira da súa casa a primeira hora da mañá para desbrozar una finca próxima, botárono en falta ao redor das dúas da tarde. Logo de sair na súa procura, os seus familiares descubriron o corpo baixo o tractor e deron aviso ao 112. Pese a mobilizar aos sanitarios, nada puideron facer por salvar a súa vida.
A estas horas xa se ordeou o levantamento do cadáver e únicamente esperan a chegada do furgón fúnebre para poder trasladalo a un centro hospitalario onde se lle practicará a autopsia.