As festas de San Xoán en Poio adáptanse as circunstancias
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/OLOQBA24UZK3PG2W3JGWM57KY4.jpg?auth=229ed4773a73e4c50daa3d566a43a86ff30488f1538c5e7e80751ce575b94b29&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Presentacion festas patronais San Xoan de Poio / Cadena SER
![Presentacion festas patronais San Xoan de Poio](https://cadenaser.com/resizer/v2/OLOQBA24UZK3PG2W3JGWM57KY4.jpg?auth=229ed4773a73e4c50daa3d566a43a86ff30488f1538c5e7e80751ce575b94b29)
Pontevedra
O Concello de Poio adapta as súas festas patronais de San Xoan ás circunstancias e cumprindo coas condicións sanitarias sen renunciar a ambientar a localidade.
“Festas de andar por casa” comentou este mediodía o concelleiro de Turismo Xosé Loís Martínez.
Respectando sempre a normativa sanitaria, o concello de Poio xa anunciou que non permitiría fogueiras en sitios públicos rexeitando tamén a organización da tradicional cacharela de A Seca coa súa xardiñada.
Pero a falta de rematar mañán venres o prazo de solicitudes en espazos privados, levan xa 60 permisos.
E tamén está a ter moi boa resposta a campaña de apoio á hostalería local: adaptando o seus espazos ós límites de aforo, farán sardiñadas na noite de San Xoan. Así que, ainda que as circunstancias son as que son, o concello de Poio abrirá as súas festas patronais sen pregón, pero cun saúda do alcalde online…
Adaptarse, esa é a clave. Se non hai fogueiras públicas, sí haberá un concurso de fotografías para escoller as mellores. Xosé Loís Martínez, recalca a intimidade que terá este ano a programación.Música e actuacións, dando prioridade ás agrupacións locais e encanto ás pequenas prazas do concello.
Así se garante a festa de San Xoan de Poio ate o domingo 28. Respectando e adaptándose sempre ás circunstancias, para voltar á normalidade o vindeiro ano.