Un comercio con moita miga
O sector do pan ten unha presenza importante en Cee

O comercio en Cee, Pan Ignacio e Todo Lar (15/06/2020)
15:39
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Se a excusa que usas para sair de compras é que "vas buscar o pan", xa só a compra deste ben básico te pode levar o seu tempo. En Cee a oferta de panaderías non é precisamente pequena e se por algo destacan é pola excelencia do seu producto.
Un dos que recentemente renovou as súas instalacións é Pan Ignacio. Nun pequeno baixo ao carón da rotonda do Centro Comercial, esta cadea de panaderías con varias tendas na bisbarra ofrece todo tipo de pan (multicereal, sen gluten...), tortas para calquera clase de celebración, doces e salgados, almorzos para levar e todo isto cunha pequena terraza exterior onde tomar un respiro na xornada. No 981 74 75 41 podedes facer os vosos encargos.
Nesa mesma beirrarúa atopamos a outro clásico da vila: Os Ancares. Un establecemento moi coñecido polas súas empanadas e que ademáis acostuma a ter sobre o seu mostrador unha ampla variedade de doces de todo tipo. No 981 74 53 45 atenden vía telefónica para reservar o que precisedes.
Non hai que desprazarse moito para desfrutar da terceira parada na "milla máis doce" de Cee. A Pastelería Ana está ubicada embaixo das escaleiras mecánicas do Centro Comercial. Unha visita para facer compras debe ter tamén un espazo para desfrutar dun doce ou unha empanadilla para repoñer forzas. O 602 54 76 02 é o seu teléfono de contacto.
Se falamos de clásicos, é obrigado referirse á Pastelería Silvia. En plena praza da Constitución, son xa 30 anos poñendo o punto doce ás celebracións na vila. As festas patronais, cumpreanos, aniversarios, etc sempre teñen unha parada en Silvia apra encargar tortas de todo tipo. Ofrece tamén un amplo abano de posibilidades para deseñar unha completa bandexa de pasteis. 981 74 61 01 é un número que moitos e moitas ceenses saben de memoria.
Fóra do centro urbano podemos atopar a Panadería Pichín en Brens (Berroxe), inda que para desfrutar do seu pan e empanadas non hai que coller o coche. En Brens está situado o seu obradoiro, pero además teñen un despacho de venta na Praza de Abastos. No 638 707 784 podes contactar con eles ou comunicarte directamente co forno no 981 74 75 68.
Tamén alonxado do centro de Cee está a Tahona das Travesas. no lugar da Pereira, na estrada a Lires está ubicada outra das panaderías que elabora de xeito artesanal tanto pan coma doces e empanadas. Palían a súa distancia do centro facendo un traballo diario de reparto a domicilio. A seu teléfono de contacto é o 981 74 84 90.
Enfrente co Concello atopemos un coqueto local coma o Forniño de Xunqueira. Un local onde se confesan auténticos especialistas en empanadas de todo tipo. Dende as clásicas coma carne, bacallao, raxo, polbo ou atún a outras máis innovadoras como a de choco, chipiróns ou a vexetal. No 881 98 24 79 teredes a tención precisa.
Voltando á vila podemos parar na Avenida de Fisterra, no coñecido coma "cruce de Roget", onde a Panadería Isolina quixo trasladar o seu bó facer de moitos anos en Coristanco. Agora tamén delitan aos ceenses coa calidade do seu producto, nun espazo onde tamén se pode desfrutar dun café repousado. O 627 19 03 47 é o teléfono onde os podedes localizar.
Fogar
No que tampouco imos atopar carencias en Cee é á hora de buscar todo o preciso para as nosas viviendas. En Lino Rodríguez Madero atopamos un auténtico bazar adicado ao fogar como é Todo Lar. Textil para o fogar, ferretería, útiles de cociña, material escolar, xoguetes, xardinería... todo o que precises o atoparás alí, pero se te queres asegurar previamente, podes facelo no 881 98 51 77.
Unha oferta máis concreta para o fogar é o que ofrece unha visita a Mi Casa. Na rúa A Coruña, ao carón da praza de abastos, tedes un abano de posibilidades se o que precisades son artigos de decoración para personalizar a vosa casa, Útiles de cociña, textil, ropupa de cama, xoguetes para os cativos, moble auxiliar... Tamén accesorios de xardín, caixas... nada mellor que visitalos para ver todo o seu catálogo. E para resolver calquera dúbida, 981 74 63 22.