O Paco Paz reabre hoxe as súas instalacións deportivas
Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, supervisou hoxe os equipamentos do centro deportivo, “que volve recuperar a súa normalidade para seguir poñendo a disposición da veciñanza de Ourense unhas instalacións de tanto prestixio, tan ben xestionadas e tan ben avaliadas polos usuarios”, afirma o presidente
Esta reapertura coincide coa entrada da provincia de Ourense na fase 3 da desescalada do COVID-19 coa mirada posta no cumprimento do protocolo de prevención do COVID-19 e das condicións hixiénico-sanitarias para elo a Deputación de Ourense, por medio dos técnicos correspondentes, planificou os protocolos, a reubicación da maquinaria, o acondicionamento das salas específicas e a coordinación da limpeza inmediata das máquinas, a cal se efectuará logo de cada uso”, explica o presidente.
Ademais, existirá un control de acceso para verificar a temperatura de cada asistente, que recibirá por medio dos monitores e do persoal especializado unha atención directa e personalizada, como xa é habitual, ao que se engaden, dado o novo escenario, “as máximas precaucións e as distancias necesarias para evitar riscos e gardar os protocolos de seguridade, e para que todas as persoas que fan deporte nas instalacións da Deputación de Ourense o fagan con total garantía”, afirma Manuel Baltar.
O presidente, acompañado polo xerente do Pazo dos Deportes, Ángel Cid; polo responsable das instalacións, José Domarco, e polo asesor de Deportes, Bernardino Gonzaléz, percorreu o espazo deportivo.