Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast
Sociedad | Actualidad
OBRAS PÚBLICAS

3,7 millóns de euros para o rural de Ourense

+ RURAL contempla 51 actuacións

O tenente de alcalde, Jorge Pumar, e representantes veciñais, na signatura do documento / Concello de Ourense

O tenente de alcalde, Jorge Pumar, e representantes veciñais, na signatura do documento

Ourense

O Concello concreta +RURAL, un plan participativo que investirá 3,7 millóns de euros no rural de Ourense, trátase de unha acción deseñada pola Concellería de Medio Ambiente e Perímetro Rural para atender as demandas dos veciños e apostar decididamente polo rural.

O tenente de alcalde, Jorge Pumar, e representantes veciñais, asinaron o documento final do plan, dándolle o visto bo ás actuacións durante o período 2020/2021: “Había unha débeda histórica co rural de Ourense, e este é un plan moi importante para os núcleos rurais, xa que nace do consenso e a participación activa de veciños e das asociacións. É o camiño que debemos seguir para desenvolver o rural que todos desexamos”, sinalaba Pumar. 

A versión final do Plan materialízase en 51 actuacións que supoñerán 3.727.833,40 euros de investimento en obras no rural durante o período 2020/21. Incorpora tanto actuacións de conservación ou mellora de vías, parques ou espazos de lecer, rehabilitación de lavadoiros, como tamén proxectos significativos como a humanización do núcleo da Lonia (551.250 €), o Palao de Velle (352.300,17 €), a pista cuberta en Cabeza de Vaca (162.007,71 €), a mellora da Costiña de Canedo (50.695,90 €), o acceso ao núcleo de Zaín – As Curuxeiras(100.170 €) ou o acceso a Expourense desde o Hotel San Rosendo –rúa do Espeto– (47.384,34), entre outros.

 

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir