Carnota medita controlar os aparcadoiros da praia
O Concello baralla instalar un sistema para evitar masificación nos aparcadoiros

Entrevista a Juan Manuel Saborido, 'Moma', alcalde de Carnota (02/06/2020)
15:54
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Os Concellos buscan solucións para evitar a masificación nas praias este verán. Os consistorios barallan respostas imaxinativas que palíen as súas carencias de persoal sin que iso supoña aumentar o perigo de contaxios nos areais. En Carnota meditan sobre a conveniencia de instalar un sistema pque regule o aforo nos aparcadoiros da súa praia máis emblemática.
Juan Manuel Saborido, "Moma", recoñeceuno esta mañá nos micrófonos de Radio Nordés. O rexedor de Carnota recoñeceu que barallan establecer un sistema "similar ao dos aparcadoiros das cidades" para regular o estacionamento no areais, evitando así as aglomeracións. O alcalde cre que se podería aproveitar que boa parte dos accesos á praia de Carnota gozan de ruta de entrada e de saída diferenciada, permitindo iso instalar barreiras que impidan o acceso aos aparcadoiros cando estes estean saturados.