Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Actualidad
Corcubión

A Deputación investirá máis de un millón de euros na senda peonil de Corcubión

Estrada do faro, en Corcubión / Archivo propio

O pleno da Deputación da Coruña aprobou este venres por unanimidade o proxecto de ampliación, mellora de trazado e construción dunha senda peonil na DP 2801 de Corcubión a San Roque por Redonda.

As obras suporán un importante investimento de 1,1 millóns de euros, dos que 1.077.304,32 € corresponden ás obras e 66.335 € ás expropiacións xa realizadas para a execución das mesmas. Este elevado orzamento supón un dos maiores investimentos aprobados pola área de Vías e Obras da Deputación durante este ano.

Os traballos comprenderán a ampliación da estrada ata os 7 metros de ancho (dous carrís de 3,5 metros), con arcén de medio metro e e unha senda peonil de 2 metros de ancho pola marxe esquerda da calzada, que discorrerá dende o punto quilométrico 0+780 (Quenxe) ao 2+554 bordeando a ría e prolongarase despois polo ramal que conduce ata o faro, pasando polo campo de fútbol. O ramal disporá dunha plataforma de 6 metros e senda de 2 metros de ancho.

Ademáis da ampliación da estrada e a creación da senda, as obras inclúen tamén a mellora do trazado en puntos coma unha curva á altura da praia da Cobiña e suporán “unha importante mellora da seguridade peonil nunha zona moi transitada polos veciños”, segundo apuntou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

A senda dos Faros conectará toda a península

Está previsto que este proxecto se complete no futuro coa Senda dos Faros, un dos proxectos incluidos do Plan Director de Mobilidade do Goberno provincial e que consiste na construción de sendas ciclabes ou peonís que conectarán 11 faros da provincia, entre eles o de Cee, en funcionamento dende 1860.

Esta ambiciosa iniciativa permitirá que, no futuro, Corcubión conte cun gran itinerario peonil que bordearía toda a península pola costa.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00