Sociedad

A piques de chegar ás mans en Muxía

A Garda Civil interveu para evitar un choque entre percebeiros e mexilloeiros

Entrevista a Víctor Haz, voceiro dos percebeiros de Muxía

Entrevista a Víctor Haz, voceiro dos percebeiros de Muxía

06:46

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1589979693_455027/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

As rochas do Santuario da Barca foron o escenario dun conato de enfrontamento entre os percebeiros muxiáns e os extractores de mexilla procedentes das Rías Baixas. O permiso obtido polo sector do mexillón para extraer semente en calquera punto da costa galega, choca frontalmente cos intereses dos percebeiros de todo o país.

Esta mañá, en Muxía, escenificouse o desencontro entre ambos sectores. Uns 200 individuos chegaron ao entorno da Barca dispostos a extraer unha mexilla que xa escasea en moitos puntos da costa. Alí atoparon a resistencia dos percebeiros locais, inferiores en número pero que pouco a pouco foron sumando apoios doutros procedentes de confrarías coma Corme ou A Coruña. Nese punto de tensión tivo que producirse a intervención da Garda Civil para mediar entrambos grupos. O instituto armado desplegou un operativo importante na vila muxiá que inda permanecía activo á última hora da mañá.

Os percebeiros veñen denunciando a actitude dos extractores de mexilla, xa que "arrasan co percebe polas rochas por onde pasan", versión esta corroborada por mariscadores de distintas confrarías. O sector non acepta ter que asumir as perdas provocadas polo sector do mexillón no seu intento por manter activa a súa produción.

As friccións entre estes colectivos non son novas e o medo que teñen os percebeiros radica en que poidan acceder a auténticos "santuarios" onde está o mellor percebe da Costa coma a Barca ou o Roncudo, espazo que tamén vixían nos últimos días os percebeiros cormeláns.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00