O Encontro Virtual de hoxe estará adicado ao comercio local
Será ás oito do serán e se poderá seguir na canle de Youtube de Radio Nordés e en radionordes.com
A terceira edición dos Encontros Virtuais de Radio Nordés pon o foco sobre un sector imprescindible da nosa bisbarra: o comercio. A crise económica pode acabar impactando de xeito importante nun sector absolutamente necesario no día a día. A cita desta semana adáptase ao horario do sector e será ás oito deste serán, en col do habitual do venres ás 17 horas.
A súa supervivencia e situación actual, a venda "on line" ou a creación dunha plataforma propia de venda a distancia serán algúns dos temas que trataremos nun foro que contará coa presenza de Ricardo Pallas, do Centro Comercial Aberto de Carballo; Alicia Novás (Asociación Empresarios Comarca de Soneira) e Paulo César Sánchez (Comercio de Cee). O Encontro poderase seguir en directo a través da web radionordes.com e na canle de YouTube de Radio Nordés.
Logo do éxito colleitado nos dous primeiros Encontros Virtuais adicados ao turismo e á política, a emisora da SER na Costa da Morte sigue apostando por poñer todas as súas plataformas ao servizo da bisbarra nun momento tan delicado coma o actual.