Peche definitivo para as competicións 2019-2020 da Federación Galega de Baloncesto
A Federación Galega de Baloncesto dá por concluída a temporada 2019-2020
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/4VFV3RFRKVLH5FI7MLINU4T2MY.jpg?auth=13d382ee1150e0b0037d9f884ffe68e0e542e7006bc13928ad5b8464b206353f&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
Peche definitivo para as competicións 2019-2020 da Federación Galega de Baloncesto / FGB
![Peche definitivo para as competicións 2019-2020 da Federación Galega de Baloncesto](https://cadenaser.com/resizer/v2/4VFV3RFRKVLH5FI7MLINU4T2MY.jpg?auth=13d382ee1150e0b0037d9f884ffe68e0e542e7006bc13928ad5b8464b206353f)
Ourense
A entidade federativa, tras finiquitar a consulta realizada á súa Asemblea Xeral, na que lle cuestionaba sobre o criterio de actuación respecto a todas as competicións vixentes ante o escenario de alerta sanitaria e estado de alarma, comunica que estas finalizan de xeito definitivo.
En concreto, e cunha participación total do 73% da Asemblea FGB, a opción resultante como a máis votada, elixida por máis da metade dos votantes; foi a de non continuar coa competición, pechando as ligas sen palmarés de campións nin descensos e, no caso daqueles que tivesen establecidos ascensos, disputar fases clasificatorias no futuro, en forma e data a determinar.
Encaramos unha situación que a Federación Galega de Baloncesto nuna quixera ter que afrontar, pero a prioridade neste intre é a saúde de todos, cumprir as medidas marcadas polas autoridades sanitarias, así como respectar a decisión da Asemblea Xeral, órgano supremo da FGB.
Neste punto, a Federación Galega de Baloncesto lamenta todas as molestias que este peche competitivo pode ocasionar, e quere recoñocer e agradecer o esforzo humano e a compresión de toda a familia do Baloncesto Galego: xogadores, adestradores, árbitros oficiais de mesa, persoal deportivo e directivo dos clubs e afeccionados.
Dende este mesmo intre, a FGB continúa traballando a través da súa Comisión Delegada e Xunta Directiva no estudo das bases de competición da vindeira temporada e das medidas necesarias a tomar para protexer ao Baloncesto Galego e ao seus clubs ante o novo escenario sanitario, deportivo e estrutural que debemos afrontar.
Incidir en que a FGB continúa dispoñible para o contacto directo con todos os clubs e federados de xeito virtual a través dos seus mails oficiais e redes sociais.