Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O desmatelamento de Elnosa

O Concello de Pontevedra vén de aprobar a licenza urbanística para a execución das obras de desmantelamento das instalacións de Elnosa, que afectará á maior parte das edificacións do recinto

Instalaciones de ELNOSA / Cadena SER

Instalaciones de ELNOSA

Pontevedra

Sobre este proceso informou a concelleira de Patrimonio Municipal, Carme da Silva, quen adiantou que estas obras darán paso a un proceso posterior de descontaminación do solo e que "unha vez descontaminado e recuperado o terreo haberá que facer un proxecto de reintegración ao dominio público".

Da Silva explicou que para proceder á concesión desta licencia, o Concello solicitoulle a Elnosa as autorizacións sectoriais precisas, tanto a ambiental como a de Costas, nas que xa fixo constar os traballos previos de eliminación dos restos de mercurio de todas as instalacións.

Así, as obras consistirán no desmatelamento de todas as edificacións agás o edificio de oficinas, os tanques onde está almacenado o ácido clorhídrico, e a parte de depuradora, tanto o decantador de salmoira como de augas residuais. O proxecto ten un custe de 528.000 euros para un recinto que abrangue 13.525 metros cadrados, mentres que o prazo da licenza é de 6 meses e o prazo para comezar as obras será de 3 meses unha vez comunicada a licenza.

As edificacións e equipamentos que non se desmantelen serán utilizados nos traballos posteriores de descontaminación do solo, posto que será necesario que estean funcionando as depuradoras e usar o edificio de oficinas por cuestións de loxística.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir