Hora 14 A CoruñaHora 14 A Coruña
Actualidad
Galicia

Unións Agrarias pide aos consumidores que "agora máis que nunca" compren produto galego

O secretario de Unións Agrarias, Roberto García, estivo na entrevista de fin de semana de Radio Coruña Cadea SER

Entrevista a Roberto García, Secretario Xeral de Unións Agrarias (11/04/2020)

Entrevista a Roberto García, Secretario Xeral de Unións Agrarias (11/04/2020)

13:32

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1586605141_665154/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Coruña

O sindicato Unións Agrarias fai un chamamento aos cidadáns para comprar produto de proximidade. O sector agrícola e gandeiro vive este estado de alarma cunha dobre preocupación: aos baixos prezos súmase agora o bloqueo de produtos que, na súa maioría, veñen demandados pola restauración, agora paralizada. Pezas como o chuletón ou o solombo que, do mesmo xeito que pasa co marisco, non ten venda para os fogares debido a que non houbo un axuste de prezo. O secretario xeral de Unión Agrarias, Roberto García, pide aos consumidores que elixan o produto de aquí por calidade, pero tamén por prezo.

O cordeiro ou o cabrito comeza a ser excedentario. Unións Agrarias reclama ás administracións o aprazamento dos pagos das cotas agrogandeiras xa que están a carrexar o incumprimento do confinamento para estes traballadores, sen medidas de protección e seguridade.

Denuncian que é un contrasenso que os gandeiros e os agricultors teñan que acudir en corentena ás oficians do sindicato para tramitar os pagos fiscais.

Temen un verán de perdas coa falta de turismo e unha hostalería a medio gas. Un sector ao que o estado de alarma colleulle en plenas mobilizacións para reclamar unha repartición xusta entre o que cobra o gandeiro ou o agricultor e a venda final de forma que sexa rendible en orixe.

Admite que o estado de alarma disparou o consumo de leite, debido á almacenaxe que se fixo nalgunhas casas. Algo que, con todo, non reverteu na economía galega, senón na francesa ou alemá, de onde chegaron cisternas, di, de forma masiva a metade de prezo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00