Moitas dúbidas ao redor da morte da carballesa embarazada
A familia da falecida por mor do coronavirus ten moitas preguntas pendentes de resposta

Hospital Materno Infantil / Google

Os interrogantes amoréanse nas mentes da familia de E.R.T, a muller de 37 anos falecida este domingo. A rapidez coa que perderon a vida tanto ela coma o seu bebé e as circunstancias que rodearon o feito son analizadas polo seu entorno máis próximo.
As autoridades computan a esta muller coma unha vítima máis da pandemia do COVD-19, algo ao que non lle ven moito encaixe no entorno da finada. "Tivo síntomas leves" recoñecen, pero á súa xente resúltalle extrano ese contaxio. "Ela levaba confinada máis tempo cá o que levamos dende o establecemento do estado de alarma. Ademáis na súa casa o único que saía era seu home, e o facía pouco" indica un familiar directo. Tampouco entenden como, no caso de ser portadora dese virus, non o transmitiu á súa parella. Outra das dúbidas está en coñecer en que momento se lle efectuaron as probas de detección, dado o pouco tempo que pasou no centro sanitario (Hospital Materno Infantil da Coruña).
Precisamente o positivo en coronavirus foi o que espertou as dúbidas da súa familia. "Ela dá positivo e a nós non nos fan a proba. Mándannos para casa e nos din que se en 72 horas non hai síntomas, está todo correcto. Aí foi onde sospeitamos. Chamamos á funeraria para paralizar a incineración pero xa comenzara había dez minutos" conta seu irmán. Unha incineración á que accederon en pleno estado de shock e na que xogaron na súa contra os novos prazos para as cerimonias funerarias. O gonberno vén de axilizar os prazos para permitir tantos os enterros como as incineracións como unha medida mási para evitar a expansión do COVID-19. Agora sen cadáver ao que efectuar a autopsia, confían en acceder aos diferentes informes médicos para coñecer a causa exacta da morte de Fani.
Na información facilitada polas autoridades sanitarias, faise alusión a que a falecida arrastraba unha "doenza crónica". Unha enfermidade descoñecida para todos os membros do seu entorno. "Nunca tivo nada, non tomaba tratamentos, coñecía a seu home desde o colexio e el tampouco sabe a que se refiren con esa doenza". Ademais, o xoves, 48 horas antes do seu pasamento, a muller foi sometida a unha ecografía de control onde todo foi normal. "Ela estaba ben e a súa pequena tamén. Ía chamarse Julia e pesaba 2,7 kilos, así que nada facía pensar en que había problemas".
Fontes médicas consultadas por esta redacción sinalan a unha combinación de factores, sumados á actividade do coronavirus, como os desencadeantes do fatal desenlace.