Sociedad
FÚTBOL

A RFGF aproba prorrogar a suspesión de todas as competicións de ámbito autonómico, provincial e local

Logo da ampliación do Estado de Alarma decretada polo o goberno de España, a Xunta Directiva da RFGF prorrogaa suspensión de todas as competicións

A RFGF aproba prorrogar a suspensión de todas as competicións de ámbito autonómico, provincial e local ata que as autoridades consideren que se poden reanudar sen risco / RFGF

Ourense

A Xunta Directiva da Real Federación Galega de Fútbol aprobou o domingo 22 de marzo, en reunión mantida por videoconferencia, prorrogar a suspensión de todas as competicións de ámbito autonómico, provincial e local, tanto na modalidade principal de fútbol como en todas as súas especialidades ( fútbol sala, fútbol gaélico) ata que as autoridades competentes consideren que se poden reanudar sen risco algún para a saúde dos futbolistas, corpo técnico e empregados dos clubs e para o público asistente.

Medida esta que se toma de acordo co comunicado emitido pola Real Federación Española de Fútbol.

 Do mesmo xeito, a RFGF temén mantén todas as medidas de protección dos seus empregados e dos seus afiliados, polo que todas as sedes e instalacións federativas permanecen pechadas ao público.

A RFGF implementou o teletraballo como medida de funcionamento para poder manter a súa actividade abministrativa. A tención aos clubs está asegurada de maneira telemática a través da Internet, polo que pedimos a todos aqueles que  queiran contactar coa Federación que o fagan a través dos distintos correos habilitados na internet, ou tamén  a través da atención telefónica no número 981 900 600, que se mantén con servicios mínimos.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad