"Flis-fli-ris-flas" ou como ensinar ós cativos a combatilo medo
Carlos Coira conta a historia de Martiño, un neno que teme a escuridade

Portada do libro de Araceli Gona e Xosé Tomás / RADIO LUGO

Lugo
Martiño non quere durmir coa luz apagada. Non, non e non. Ten medo. Pensa que os moustruos agardan a que todo este escuro para meterse cos nenos. Así comeza Flis-fli-ris-flás,o conto infantil que Carlos Coira leu na radio.
Regresan os relatos infantís en tempos de confinamento. Que mellor que en cuarentena para retomar vellas costumes case perdidas. Cantos e cantas de vós recordades a Gloria Fuertes e os seus relatos infantís? Que tempos... Agora o entretemento mudou. Mudou por completo. Onde había libros agora hai consolas, e onde había radio agora hai ordenadores e tabletas. Pero non hai mal que por ben non veña.
Din que o mundo tal e como o coñeciamos mudará. Desaparecerá. Xa nada será igual. E pode que para mal. Agora preséntase a opotunidade para que os máis pequenos se reencontren coa maxia da radio. Única e inigualable.
Goza deste conto. Un traballo de Araceli Gonda e Xosé Tomás para que os noso futuro saiba como impoñerse ós medos. Coma pelexalos e como non escaparlles. Na voz de Carlos Coira Flis-fli-ris-flas.
Flis-fli-ris-flás, o relato infantil regresa á radio
06:11
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo