O CD Lugo non camiñará só
O Pendello albivermello abre as súas portas dende ás 9 da maña para repartir chocolate e filloas entre os afeccionados

Algúns dos afeccionados na inauguración do Pendello Albivermello / Javier Folgueiras

Lugo
Unha final, un partido vital, un partido importantísimo... As referencia ó #LugoOviedoó longo desta semana foron múltiples e diversas. O equipo, a afección e a cidade amurallada saben o que está en xogo: Cimentala permanencia.
Non son tempos fáciles para ser afeccionado albivermello. O 2020 está a ser un total quebradeiro de cabeza para o Lugo e os sus seguidores. Durmir en postos de descenso comeza a facerse habitual, cada decisión arbitral en contra pesa coma mil lousas sobre as costas, cada erro sobre o verde é unha vida que se escapa, con cada balón que se perde lévanse as máns á cabeza... pero ainda así o CD Lugo non camiñará só.

O Pendello Albivermello repartirá chocolate e filloas dende a maña antes do #LugoOviedo
05:21
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Anfiel Carro. Ainda que o templo só sexa para "os tres mil de sempre", as gorxas albivermellas non se renden. Por iso, o Pendello abivermello segue en pé. Un grupo de siareiros puxeron en marcha un local de reunión e encontro entre para os afeccionados lucenses. Inugurábase na previa do partido ante o Elche. A piques estuvo de rematar redondo día, pero en dos zarpazos Nino aguou a festa que comezara con sesión vemrú e queimada ó medio día.

<p>Ata alí se desprazron deceas de afeccionados ilusionados por gañar ó seu equipo. Malia ós malos momentos que está a vivir o equipo, "os 3.000 de sempre", non perdern a ilusión e piden "remar nunha mesma dirección".</p>
Unha vez espantado o mal de ollo, o Pendello abre as súas portas de novo para o encontro "máis importante da tempada" deste domingo. "Desde as nove da mañá estaremos repartindo chocolate e filloas", anuncia Javier Folgueiras, membro do Pendello.
Na Rúa da Calzada comeza a festa dende ben cedo para quecer motores e levar as cordas vogais a punto. Ssumar o xogador doce ás beiras do Miño é cada xornada mais importante. As entradas visitantes estan esgotadas, o Tartiere quede implantarse no Anxo Carro, pero os afeccionados lucenses téneno claro: "Medo? Ningún. Somos pouco, pero somos os mellores".
Ó César o que é do César, e Folgueiras recoñece a acertada decisión de elimiar o Día do Clube. A comezos de tempada, a entidade albivermella marcou coma días do clube os econtros ante o RC Deportivoa da Coruña e a visita dos asturianos á casa. Nun partido onde o obexitvo para ambos conxuntos é o memos: Loitar pola salvación, o clube deu só pide "apoio"ós seus seguidores. "Por fin parece que remamos nunha mesma dirección".
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo