Deportes
REMO

Castrelo de Miño acolle os campionatos de España de remo de larga distancia e seleccións autonómicas

Trátase duns campionatos ao máis alto nivel no panorama nacional

Castrelo de Miño acolle os Campionatos de España de Remo de larga Distancia e Seleccións Autonómicas / Deputación Provincial de Ourense

Castrelo de Miño acolle os Campionatos de España de Remo de larga Distancia e Seleccións Autonómicas

Ourense

´´Trátase duns campionatos ao máis alto nivel no panorama nacional-afirma Baltar, e isto reforza á nosa provincia como un escenario ideal para o desenvolvemento destas probas deportivas, tanto polas magníficas infraestruturas coas que contamos como pola calidade natural da lámina de auga no embalse de Castrelo de Miño, unha das mellores do mundo´´.

O campionato de España de Larga Distancia será a primeira das competicións que se disputará. Comezará o sábado 8 de febreiro, ás 9: 00 horas. Trátase dunha proba contrareloxo en liña sobre unha distancia de 5.500 metros, e onde os deportistas que aspiran a formar parte dos equipos nacionais deben participar para avaliar o seu rendemento actual sobre esa distancia. As categorías son : Absoluta, Xuvenil e Cadete, masculino e femenino. Na pasada edición participaran 315 embarcaciones e 407 deportistas.

Polo que atinxe ao Campioanato de España de Seleccións Autonómicas. desenvolverase o mesmo día 8, a partires das 16:00horas, e na mañá do domingo 9 de febreiro, entre as 9:00 e as 13:00 horas, coa disputa das semefinais e finais. Este campionato realizarase sobre unha distancia de 1.000 metros, nas mesmas categorías que o anterior. Na edición de 2019 participaron 111 embarcacións e 600 deportistas de 9 federacións, unha cifra que será semellante nesta edición, coa participación de deportsitas de Galicia, Andalucía, Aragón, Cantabria, Cataluña, Comunidade Valenciana, Navarra, Pais Vasco e Asturias.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00