Deportes
Atletismo

Adrián Ben correrá os 1.500 no Gran Premio Ciudad de Valencia

O viveirense quere probar "como está o corpo e sobretodo coller sensacións"

Adrián Ben nunha das serias dos 800 metros en Doha / EFE (EFE)

Adrián Ben nunha das serias dos 800 metros en Doha

Lugo

Pasiño a pasiño faise o camiño. E o seguinte paso no destino cara a Tokio 2020 de Adrián Ben é o Gran Premio Ciudad de Valencia. O viveirense próbase nos 1.500 metros lisos, a segunda proba na que se proba dende o arrinque de tempada."O obxectivo é probarme, ver como está o corpo e sobretodo coller sensacións", explica o atleta.

Ben comparte cartel con nomes coma o de Mariano García, con quen xa competíu  no mundial de Doha. O atleta, especialista nos 800 metros, será quen máis difícil lle poña as cousas o de Viveiro."Mariano, David Bustos... vai ser unhca carreira de moito nivel. Xa os coñezo, sei o seu potencial", confesa

Xa se probou hai unhas semanas no polideportivo madrileño de Gallur nos 3.000 metros lisos."Vou un pouco máis retrasado que o resto dos meus compañeiros polo tema de Doha, pero vou collendo ritmo pouco a pouco saben cal é a meta: Os Xogos Olímpicos de verán", explica.

Máis que unha boa marca, Adrián pensa no Gran Premio coma unha oportunidade para autoprobarse. Non quere mirar tanto o reloxo nin o tempo se non como se sinte sobre o tartán."Se fago 3:40, pero con malas sensacións non vou marchar contento. Se fago 3:45 , pero sentíndome ben, estarei máis contento".

Tokio 2020 é o obectivo, é a meta, pero non quere obsesionarse."Sei que nun abrir e pechar de ollos estou en xuño, por iso creo que a pista cuberta axudarame moito para saber se os adestramentos van ben".

Escoita a entrevista completa que  Adrián Ben ofreceu nos micrófonos do SER Deportivos antes de desputar os 1.500 lisos do Gran Premio Ciudad de Valencia. A xornada está programada para ás 19:15 horas da tarde do 24 de xaneiro.

Adrián Ben fala ós micrófonos de Radio Lugo antes do Gran Premio Ciudad Valencia

04:32

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1579873473_214053/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00