Más deportes
MUSHING TERRA

Máis de 300 deportistas participarán en Boborás no campionato de España

Os vindeiros días 7 e 8 de decembro, en Boborás participarán máis de 300 deportistas no Campionato de España de Mushing Terra (carreira de trineos tirados por cans)

Campionato de España de Mushing Terra 2019, no concello de Boborás,os días 7 e 8 de decembro / Federación Galega de Deportes de Inverno

Ourense

A proba, ´´ que contribúe a dinamizar e promocionar o territorio a través desta actividade deportiva cada vez máis practicada´´, segundo afirmou Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, disputarase sobre tres percorridos de 5, 7, 4, 2 e 2, 7 quiómetros, nas diferentes categorías, e contará con participantes de 11 comunidades autónomas, sendo Galicia o territorio que máis participantes achega, cun total de 75. Un circuíto que en opinión dos expertos ´´ é rápido e moi esixente´´, afirma Roberto Salvado, organizador da proba, pero que conforma unha proba´´ que terá unha gran repercusión social e económica no noso municipio e na contorna´´, expresou Patricia Torres, alcaldesa do concello de Boborás. O campionato disputarase nas diferentes modalidades de Patín, Carro, Bikejoring e Canicross.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00