Así viven os cativos lucenses o Derbi da Segunda
Alex e Jairo comparten cidade de empadroamento, pero as cores coas que baixarán ó Anxo Carro o domingo son ben diferentes

Cadena Ser

Lugo
Ata nas mellores familias hainos que salen descarrilados. Iso si, segundo os ollos de quen os mire. Cantas familias galegas vivirán o primeiro de decembro vestindo cores ben diferentes. Albivermellos e branquiazuis mídense ás beiras do río Miño por terceira tempada na División de Prata.
Inmersos en realidades ben dispares e compartindo, agora mesmo, obxetivos. O Lugo e o Dépor vense de novo as caras. Xa sabemos o que agardan os equipos, os xogadores e o técnicos. Pero... e a afeción? Esa parte da afeción que sabe do pasado dos seus equipos porque seus pais ou seus avós llo contaron, pero que viven unha realidade completamente diferente. Falamos dos cativos.
Coñecemos a Alex e Jairo. Eles son dous lucenses que so comparten padrón. Seus corazóns bombean cores diferentes. Jairo sinte o Lugo grazas a seu pai e Alex interesouse polo Dépor cando lle contaron todos os éxitos que colleitou no pasado.
Dalle ó play e volve sentir o derbi coma un cativo.