O CD Lugo rescata un punto ante o Racing de Santander
Os albivermellos abandonan a senda da vitoria e empatan a un ante os cántabros

Manu Barreiro na disputa por un balón xunta a un xogador do Racing / LaLiga

"Un resultado justo. La primera parte ha sido de ellos- Racing de Santander- y en la segunda hemos dominado nosotros", con esta reflexión arrincaba a rolda de prensa post-partido o mister amurallado, Eloy Jiménez. Tras un partido insulso, con máis sombras que luces para ambos conxuntos, o 1-1 que final deixa ó CD Lugo con vinte puntos na clasificación e na décimo cuarta posición.
Pese a tarde fría, chuviosa e gris deste pasado domingo, máis de tres mil gorxas albivermellas baixaban ás beiras do Miño a animar o seu equipo. A ilusión de poder ver a terceira vitoria consecutiva dos lucenses facía esquecer nas gradas un cinco grados de temperatura. Pero non puido ser.
Dende o pitido inicial, o Racing de Satander, con Cristobal Parralo estreándose na banqueta, deixaba claras as súas intencións. Dende o primeiro minuto sucedíanse as chegadas á área dos locais. A cada cal, máis perigosa. Yoda xogaba e tentaba a sorte. En menos de cinco minutos, os cántabros perdonaban tres ocasións máis que claras.
Os albivermellos xogaban replegados e sen facer moito ruido. Agás na protesta dun posible penalti de Kitoko sobre Herrera. Aí si deron un puetazo so bre a mesa, malia que o colexiado nin recurríu ó VAR.O Racing tanto tentou a sorte que preto de chegar ó descanso, Carmona golpeaba dende fora da área, Cantero metía os puños, pero no rechace Cejudo colocada un centro que peinaba Yoda para abrir a ferida no Anxo Carro.
Co 0-1 no marcador arrancaba a segunda metade de xogo que parecía unha prolongación dos primeiros 45 minutos. Ata que os de Eloy Jiménez comezaban a despertar vendo coma o rival xa asinaba o empate. Foi nunha falta botada por Alex López cando, a falta de quince minutos para o final do partido, Manu Barreiro metía de cabeza o coiro na portería.
Tras celebrar o tanto ó máis puro estilo CR7, Barreiro &CIA puxeron o traxe de faena e comezaban a chegar a área rival todo o que non o fixeran ata o momento. Tivoa Iriome, Herrera... Pero a reacción chegou tarde.
Un resultado "justo" que ten sabor agridoce "porque sabíamos lo que significaban estos tres puntos. Y se lo dije a los chicos durante toda la semana, pero una vez más se ha demostrado que en la Segunda División no hay rival pequeño", reflexionaba Eloy Jiménez.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo